21/12/19

A ÁRBORE DE NADAL: 6º EI

A PDI  deste curso é Visión 3C: comunicación , ciencia e creatividade.


Este trimestre traballamos a comunicación, así que polo Nadal decoramos a nosa árbore de clase con palabras que representan esta festividade para os peques. Para eles o Nadal son caramelos, chuches, amigos, familia, regalo, panxoliñas, tarta, adornos, bailar, casa... Cada neno/a escribiu nunha folla esa palabra, pero coa condición de que cada letra tocara ás do lado, despois de escanealas e utilizar o programa Selva 3, as nosas palabras xa estaban convertidas en pezas para imprimir na impresora 3D.

Encantoulles ter un adorno para a árbore feito por eles na impresora!!!


E posto que escollemos, por votación, dúas palabras para representar con pictogramas na postal dixital feita por todo o cole, aproveitamos a impresora 3D para facer dúas pezas como adorno para a árbore conxunta do cole: estrela e adornos.




FOTOS

Laboratorio de Son 1º trimestre (Radio Balea)

Finalizado o 1º trimestre, queremos facer unha pequena reflexión dende o Laboratorio de Son do Leolab.
Os grupos de alumnado que pasaron por Radio Balea guionizaron, locutaron e emitiron 3 programas da nosa propia parrilla, sempre con motivación e moita ilusión por aprender pois  non estivemos exentos de problemas técnicos varios.
Queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado), así como de Paco Nogueiras que nos concedeu unha entrevista como broche final de trimestre.
No 2020 seguiremos emitindo, con novos grupos e novos programas!
Para rematar este 2019 que mellor que escoitar os 3 programas emitidos e a entrevista a Paco Nogueiras!

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2020!


Concerto de Nadal de Paco Nogueiras

Onte tivemos a gran sorte de contar con Paco Nogueiras e o seu espectáculo Radio Bule-Bule para pechar este primeiro trimestre e tamén a primeira parte do noso PDI "Visión 3C", adicada á comunicación. 
Non puidemos ter mellor repaso que este gran espectáculo, xa que recordamos as vogais na lingua de signos con unha das súas cancións e as diferentes partes dun programa de radio co seu concerto. 
E como broche final...entrevistámolo na nosa Radio Balea!
Grazas Paco, por adicar parte do teu tempo a Radio Balea.
Podedes ver todas as imaxes e algúns videos destas xornada premendo no seguinte enlace: Paco Nogueiras.


13/12/19

Cociñando Braille (2º)

Hoxe estivemos no laboratorio de cociña escribindo braille con tostas e xarope de chocolate.
Cada grupo escribiu unha palabra relacionada co nadal, tendo moito coidado de non botar demasiado xarope.
Encantounos esta actividade. O mellor foi o final, comer cada letra en braille pois estaban...para chuparse os dedos! Todos coincidimos en que as tostas sabían a...gusanitos!
Picando no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos: COCIÑANDO BRAILLE

https://photos.app.goo.gl/9oXPhDfBwR1iPV2B9

06/12/19

Dereitos da Infancia (1º)

Cada 20 de novembro conmémorase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia e o 3 de decembro o Día Internacional das persoas con discapacidade. Como este trimestre o noso Proxecto de Centro xira en torno á comunicación cada aula preparamos un mural escollendo un artigo da Convención dos Dereitos da Infancia e aprendemos un pouco da Lingua de signos, como un sistema alternativo de comunicación que usan maioritariamente a comunidade de persoas xordas. Os nenos e nenas de 1º de Primaria elaboramos este cartel que vos amosamos a continuación. Se premedes na imaxe accederedes ao video que gravamos en Lingua de Signos co Dereito de todos os nenos e nenas a xogar, divertirse e descansar.


28/11/19

DIA INTERNACIONAL DEREITOS DA INFANCIA: PICTOGRAMAS ( 6º EI)


O mércores 20 de novembro, celebramos o Día Internacional dos Dereitos na Infancia, e posto que estamos traballando tema dos Hospitales e o corpo, na clase profundizamos no Dereito a recibir axuda cando estamos enfermos.Este trimestre a PDI está dirixida á comunicación, así que representamos o dereito utilizando pictogramas!!



FOTOS DEREITOS NA INFANCIA

30/10/19

Cómic "Os tres bandidos" (2º)

Hoxe, co gallo das X Lecturas Terroríficas, presentamos na biblioteca o noso cómic.


Neste seguinte vídeo podedes ver un dos produtos finais do proxecto "Cómic", que no primeiro vídeo non se ve claramente, e co cal nos divertimos e seguimos aprendendo moito.
Esperamos que vos guste!
 

09/10/19

Seres misteriosos

A tradición oral galega está chea de seres misteriosos, arrepiantes, do outro mundo... seres que se usaban para atemorizar a nenos e nenas e mesmo aos adultos.

Aí están: a Santa Compaña (tamén chamada Estadea), o lobishome, Vakner, Ana Manana, Mariamanta, a Meiga Chuchona, o Zampón, a Orca Vella, o Nubeiro...

 Moitos deles mesmo se repiten en diferentes zonas de Galicia só que cambian de nome segundo o sitio. Cabe dentro do posible que a ti nunca che falaran na casa de ningún deles.... pero iso non quere dicir ...
...que non existaaaaan!
Asi que: Veña, anímate a investigar e participa no concurso de Seres Misteriosos
que organiza a biblioteca.

Poderás encontar a información necesaria nos libros 
Ambos na nosa biblioteca.

Tamén na páxina web: 

23/09/19

Comezamos

Este será o espazo que preparamos para aloxar nel os traballos que iremos desenvolvendo ao longo do curso arredor do tema que nos vai ocupar.
Chamámoslle Visión 3C porque é a nosa maneira de expresar a complexidade da mirada sobre o mundo que nos rodea, destacando tres dos seus elementos fundamentais:
  • Ciencia: romper a aparente cripticidade dos conceptos científicos propoñéndoos como reflexión en acción e como unha vía para entender o mundo e satisfacer as nosas necesidades.
  • Comunicacióna palabra como forma de relación e, especialmente, a palabra falada. A este obxectivo vai contribuir especialmente Radio Balea, a nosa radio escolar.
  • Creatividade: explorar a forma de expresión máis propiamente humana relacionándoa, preferentemente, co coidado da Natureza, a ecoloxía e a reciclaxe.