30/11/20

Outono de palabras, outono de pictogramas


Presentamos o producto final da actividade proposta para este mes de novembro partindo do PDI Visión 3C.

Un resumo de emocións, tan necesarias expresar, comunicar e máis ca nunca nestes tempos de incertezas.
Mais seguimos xunt@s para comunicarnos, para coidarnos, para que se nos escoite porque temos moito que contar e contamos moito: somos cidadáns, con dereitos e deberes, contribuíndo á construción dun mundo mellor. 

Seguiremos emocionándonos, comunicando, construíndo!

20/11/20

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso, dende o CEIP Milladoiro queremos reivindicar o Dereito a unha Educación en Igualdade e de Calidade para todos e todas, e darlle así voz a tod@s os que non a teñen.

Vai sendo hora de encamiñarnos a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible nun mundo diverso. Un destes obxectivos é unha EDUCACIÓN DE CALIDADE. 
Nós tentamos, día a día, pór o noso pequeno gran de area para ir...
CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR!