27/10/20

XI Lecturas Terroríficas_3º

Presentamos a nosa creación co binomio fantástico de Rodari para a XI Semana das Lecturas Terroríficas, non contamos con público pero alegrounos moito poder voltar subir ao escenario da nosa Biblioteca.

Pasámolo xenial creando a historia en gran grupo e editándoa xuntos/as, faltounos o noso compañeiro Alexis por coincidir o horario da Biblioteca co día que el está no centro de E.E. por iso a nosa actuación vai adicada a el.

Esperamos compañeiros/as que a disfrutedes tanto coma nós e...FELIZ SAMAÍN, A LER SEN FIN!

XI Lecturas Terroríficas_5ºA

Os nenos e nenos de 5ºA elaboraron diferentes contos terroríficos mediante a técnica do binomio fantástico de Rodari e adamais demostraron as grandes dotes narrativas interpretando algún destes contos no Croma.


XI Lecturas Terroríficas_5º e 6º E.I.

 

 LECTURAS TERRORÍFICAS 5º e 6º EI. 



XI Lecturas Terroríficas_4º E.I.

 Debido á situación actual, este curso non podemos celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas con actuacións na biblioteca escolar, como facíamos cada curso. Así que esta vez disfrutaremos das representacións dos compañeiros/as doutras clases na hora de Ler a través das producións subidas no blog.


Na clase de 4º EI realizamos dous contos, nos momentos de desdobre da aula, utilizando a técnica do Binomio Fantástico de Gianni Rodari, no que a historia evoluciona en función das personaxes que saen do dado, neste caso: morcegos, pantasmas, bruxas, arañas, cabazas e momias.

Esperamos que vos gusten!!!!!



A bruxa Carabuxa from bemilladoiro on Vimeo.