10/03/20

Muller e Ciencia: Rachel Carson (4º e 5º de E. Infantil)

O curso dos máis pequeniños, coa súa profe Dora, investigaron sobre a vida de Rachel Carson, a primeira muller recoñecida como ecoloxista. Canto aprendemos!

09/03/20

Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez (1º e 2º)

Esta semana conmemoramos a Semana da Muller 2020 viculándoa coa Ciencia.
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica chroma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!

06/03/20

CIENCIAS DIVERTIDAS ( 6º EI)

Os retos da Doutora Tirita xa remataron, e por fin descubrimos que significaban as pistas que nos deixou: a imaxe de Marie Curie!!!!

Posto que cumplimos os retos moi ben, o luns deixounos na súa caixa unha carta, que limos entre todos, na que poñía que de vez en cando , como recompensa á nosa axuda, deixaría algunhas sorpresiñas para nós. Neste caso, atopamos debuxos de probetas , unhas grosas e outras estreitas, así que esta semana facemos series e xogos tendo en conta o grosor das mesmas.





Os científicos/as utilizan nos laboratorios probetas de verdade, por tanto, decidimos facer experimentos na aula de cociña ( pois alí temos auga). Dividimos a aula en tres grupos, e cada un tiña dous vasos de agua iguais que tiñan que encher coa mesma cantidade de auga, e un vaso máis grande e groso para facer un trasvase da cantidade de auga dun dos vasos a este. Despois de comparar se a cantidade de auga variaba ó facer o trasvase, xogaron libremente con distintos recipientes, con xeringas e funis.
Despois, utilizando as xeringas, enchemos as probetas e botamos colorante alimenticio, para xogar coa mestura de cores.



TRASVASE DE AUGA

01/03/20

ENTROIDO 2020 ( 6º EI)





ANTES DO ENTROIDO

Cumplindo o 4º reto da Doutora Tirita, cada quen tivo que escoller que virus bo sería o día do entroido e o nome do mesmo, e despois facer un deseño do mesmo


                 DESEÑO DOS DISFRACES

Os disfraces fixéronse nunha cartolina con materiais reutilizados doutras actividades de clase, restos de papeis, iron fix, lá, bolsas ... E éstas pegáronse nunha bolsa branca, que despois do entroido serán utilizadas para crear mandilóns para a cociña.


XOVES 20 DE FEBREIRO

Os nenos e nenas de infantil puideron vir disfrazados de casa como quixeran, así que a primeira hora cada un deles explicou o seu disfraz e os seus detalles.
Despois, na cociña, fixemos rosquillas no forno. Cada neno/a fixo unha letra de VIVA O ENTROIDO 2020, e posto que nos gusta moito traballar con masas, antes de ir ó recreo, fixemos masas de fariña e agua para xogar con elas.

               RECEITA DO ENTROIDO

Tras merendar e ler un conto, todo o ciclo de infantil baixamos á aula de psicomotricidade, onde comemos patacas fritidas, gusanitos, galletas...e por suposto, as rosquillas que fixeramos na cociña.
Despois xogamos e bailamos sen parar!!!!

               FESTA DE DISFRACES



VENRES 21

Ese día celebramos o Entroido, así que a primeira hora comezamos a disfrazarnos e pintarnos. Unha vez estaba todo preparado , baixamos ó patio para organizar o desfile, que fixemos dende ó cole ó centro de Malpica.


                      DESFILE

Tras subir de volta en autobús, tiñamos no cole unha festa con doces típicos desta data, e á que estaban invitadas as familias. Pasámolo en grande xogando cos compis!!!!


               MERENDA E FESTA DESPOIS DO DESFILE