21/12/20

Leo e...as caixas Rodari!

Que ledicia, unha marabilla ver as vosas miradas de ilusión ao recibir a caixa-agasallo de cada unha das aulas!

Agradecer ao voso profesorado as imaxes tan bonitas e a dinamización da última actividade que vos propuxen. Picando na imaxe accederedes á galería de fotos feitas polos vosos mestres/as.

Felicitarvos unha vez máis polos creativos e imaxinativos produtos finais ao longo do trimestre.

Sei que non está sendo fácil, pero a vosa motivación por vivir o voso colexio, a vosa biblioteca supera calquera obstáculo.

Felices festas e feliz 2021!

Bicos salgados.

Leo.

18/12/20

O gatiño presumido. Comunicando Fantasía, emocionámonos!

O alumnado de 2º de primaria son os creadores deste divertido conto titulado O gatiño presumido, unha versión libre inspirada no conto clásico A ratiña presumida.

Esta actividade forma parte da homenaxe que quixemos facer este trimestre ao gran Gianni Rodari dentro das propostas de actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca/DL: Comunicando Fantasía, Emocionámonos! e Leo e as caixas Rodari. 

Parabéns artistas!

09/12/20

3º_Lab. Ideas: satélite artificial


Voltamos ao laboratorio de cociña para crear unha máquina que fixemos orbitar entre dentes e nos aportou enerxía.
Deste xeito integramos os satélites artificiais no lapbook de C.C. da Natureza "Comunicando: a enerxía move o mundo! Máquinas e enerxía"
Canto nos gustou!
Este nadal haberá máis dun laboratorio de cociña caseiro creando satélites artificiais para orbitar na mesa, seguro!

Gianni Rodari ( 4º EI)

 Tras dous meses de moito traballo, os peques de 3 aniños xa remataron de realizar un stopmotion adaptando o conto de Gianni Rodari: Que fai falta?





Stopmotion Rodari - Kizoa Movie Maker

04/12/20

3º_Lapbook C.C. Sociais


Integramos na elaboración do lapbook de C.C. Sociais, Comunicando: coidemos o noso Planeta! A Terra e o clima, varias aprendizaxes vivenciais e experimentais como os movementos da Terra e o fenómeno atmosférico as nubes.
A nosa situación xeográfica, Malpica, é un privilexio pois cada mañá podemos observar diferentes fenómenos atmosféricos e desfrutar da nosa fermosa paisaxe de costa.
Seguiremos emocionándonos aprendendo!

03/12/20

3º_Radio Balea 1º T.

Preme para acceder á galería de imaxes

Radio Balea acolleunos para gravar 2 seccións dentro dos programas iniciados o curso pasado: 

  • Festexamos. Samaín. Historia feita co binomio fantástico de Rodari "Ollo Vermello"
  • MillaInforma. Cousas que podemos facer para coidar o noso Planeta, informando do libro da sección Leo le...novidades da nosa Biblioteca Rescate Planeta de Patrick George.
Agradecemos o apoio do profesorado do Equipo de Radio para poder realizar as gravacións.

Seguiremos comunicando!

01/12/20

Laboratorio Experimental_ Ciencia en Galego

 


Produto final dos Laboratorios Experimentais levados a cabo no mes de novembro, celebrando así o mes da ciencia en galego na BE.


Parabéns a tod@s, grandes aprendizaxes experimentais e en GALEGO!