15/02/21

Entroido 2021: SH Milladoiro!

Este ano tocou un entroido diferente, un entroido especial onde quixemos homenaxear aos nosos heroes e as nosas heroínas coa marabillosa canción de Paco Nogueiras

Os nenos e as nenas son un exemplo a seguir co seu comportamento, coa súa actitude e co seu cumprimento das normas sen cuestionar os motivos.

Son uns auténticos Superheroes e Superheroínas!

08/02/21

Rosalía de Castro e Laboratorio de Son

 

Este mes de febreiro, co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), imos desenvolver o Laboratorio de Son arredor da escritora.

Picando na imaxe accederedes a unha listaxe de recursos en liña para poder coñecer a Rosalía e establecer comunicación espistolar con ela, reflectindo as nosas emocións, como nos sentimos; tendo en conta que Rosalía é emoción en estado puro.

Na columna dereita deste blog e no blog DígochoEu! permanecerá activo o enlace aos recursos.

No corredor do 1º andar, xa está dispoñible a nova exposición "Leo le...LETRAS GALEGAS!", que recolle, principalmente, obras de Rosalía de Castro para coñecela a través da súa biografía, da súa escrita.


Que medre o noso coñecemento, o noso sentimento arredor de Rosalía e as súas letras!