28/02/20

Quinto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Recibimos ao quinto e último grupo de alumnado no Laboratorio de Son.
Este mes de febreiro estreamos novo programa: Que me contas?, adicado á literatura infantil e a todo aquelo que lle anda darredor.
A sección titulámola "A diversidade enriquécenos", dando continuidade ao programa emitido en xaneiro (Vacinas pola Paz) e festexando o Día Mundial da Radio adicado á diversidade.
Parabéns a todo o alumnado polo gran traballo realizado!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás fotos deste laboratorio:

Quinto Laboratorio de Son 



E agora a escoitar o programa, esperemos que vos guste!

DOUTORA TIRITA E EXPERIMENTO CIENTÍFICO ( 6ºEI)


Antes de celebrar o Entroido , recibimos o último reto da Doutora Tirita, no que din que para ser auténticos/as científicos/as tiñamos que utilizar aparellos do laboratorio como lupas ou microscopios.

A comezos de xaneiro fixemos un experimento científico, cando estabamos investigando como se contaxian os virus. Ese día , á subida do patio e antes de merendar, fomos á cociña e dividimos a clase en dous grupos: o que tiña as mans sucias e o que non as lavou. Cada grupo tocou un trozo de pan de molde e meteronno nunha bolsiña, de forma que ó rematar tiñamos tres bolsas: pan tocado coas mans limpas e lavadas, pan tocado con mans sucias e pan non tocado sacado directamente do paquete orixinal.

Aproveitando o reto da Doutora Tirita , hoxe marchamos ó pequeciencias, onde miramos e comprobamos as nosas hipóteses ( o pan sucio ule mal, os virus comeron o pan, todos os pans están estropeados, haberá montañas de virus...) Tras analizar o pan vimos que o pan sucio estaba moi estropeado e tiña pinchiñas negras, pero non había rastro de moho nin virus. Así que tras saber que o pan de molde ten conservantes, decidimos esperar varios meses más e volver a comprobar como está o pan. Xa que estabamos no pequeciencias, utilizamos os microscopios para ver pel de cebola e as lupas.




FOTOS

21/02/20

Ciencia por un tubo: Vacinas 1º e 2º

Hoxe celebramos o noso desfile de entroido pola vila de Malpica.
O alumnado de 1º e 2º disfrazámonos, seguindo o PDI que este trimestre está adicado á ciencia, de vacinas.
O desfile estivo formado por 15 parellas de xiringas e monodoses facendo unha homenaxe á figura de Isabel Zendal e a Expedición da Vacina da Varíola.
Seguiredes sabendo máis dela, xa que estamos preparando biografía e canción final arredor desta gran muller e a súa contribución na erradicación da varíola para a semana do 9 ao 13 de marzo (Semana das Mulleres Científicas)
Para ver as imaxes do día picade no seguinte enlace:

Entroido 2020

Ciencia por un tubo. Desfile de Entroido

18/02/20

Cómic Mulleres científicas

Velaí o cómic coas biografías de mulleres científicas que pon á nosa disposición a Universidade de Sevilla. Agardamos que poida servir de complemento de información a eses traballos que sabemos estades facendo nas aulas.

Cómic de mulleres científicas

Velaí o cómic coas biografías de mulleres científicas que pon á nosa disposición a Universidade de Sevilla. Agardamos que poida servir de complemento de información a eses traballos que sabemos estades facendo nas aulas.

Libro "Vacinas do Bo Trato"

Con motivo da celebración do Día da Paz e do noso Proxecto sobre a Ciencia, elaboramos este Vademecum con vacinas para conseguir o mellor dos tratos posibles. Pensamos no que nos incomoda nas relacións que establecemos e inventamos vacinas para protexernos e ... vivir en PAZ. Mirade canta marabilla!

GUANTES DE XEO (4º E 5º E.I.)


A pasada semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos seguiron con seus experimentos, nesta ocasión cos procesos de transformación da auga. Para elo, meteron en guantes auga en estado líquido que despois con boliñas de cores que despois introduciron no conxelador. Para recuperar as boliñas tiveron que romper o guante e esperar a que se desconxelara.





13/02/20

5º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

Esta vez a caixa dos retos estaba chea de cousas. A doutora Tirita dixo que o Enfadaditis estaba comezando a infectarnos e por tanto cada vez eramos menos amables, por este motivo , ademais de deixarnos a peza por superar o reto anterior, o reto da semana é ser moi amables!!!!!
Para axudarnos regalounos a vacina Cariñotrón e un cartel para solucionar os conflitos.
Temos un reto duro pero podemos facelo!!!!!


FOTOS

11/02/20

ANTICHIVATOSE (4º e 5º E.I.)



Para celebrar a PAZ cada clase creou un virus maligno pero tamén unha vacina para curalos. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos explican claramente cal crearon na súa clase.

10/02/20

4º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6ºEI)

A semana pasada na caixa dos retos conseguimos unha peza máis do noso puzle, xa sospeotamos que se trata de Marie Curie.

O reto desa semana foi deseñar o disfraz de virus bo para o Entroido, e ademais poñerlle nome segundo a emoción boa que imos contaxiar. A maioría irá disfrazado do virus escollido na Semana da Paz, pero algún e algunha cambiou a emoción a contaxiar.


DESEÑO DOS DISFRACES



PROXECTO O CORPO: A VACINA DO BO TRATO ( 6º EI)

05/02/20

CIENCIA EN MOVEMENTO

O martes 28 de Xaneiro recibimos no noso centro ao equipo de Ciencia en Movemento. Esta actividade forma parte do Contato- Programa no apartado de IGUÁLA-T (accións que interveñen no fomento da coeducación, promoción da igualdade de oportunidades...).
Concretamente realizaron unha sección experimental chamada Excelentes Mulleres Científicas (E=mc2). Traballaron cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º E.P. as grandes científicas da historia e como os seus experimentos axudan a comprender a orixe e a evolución da vida e do universo; o descobremento dos virus, da WIFI... Podedes ver máis imaxes desta actividade premendo no seguinte botón: Iguála-T