31/01/20

Cuarto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Iniciamos o segundo trimestre con novos grupos de alumnado e novo programa.
Como este trimestre, seguindo o noso PDI, está adicado á ciencia e no mes de xaneiro conmemoramos a Semana da Paz elaboramos guións, locutamos e editamos o programa Festexamos: Vacinas pola Paz.
Importante mensaxe a que nos transmite o alumnado: PRACTICA A PAZ!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder á galería de imaxes deste cuarto laboratorio:

Agora a escoitar o programa!

30/01/20

PROXECTO DO CORPO: O ENFADADITIS ( 6º EI)

Esta semana xa rematamos de crear ó noso virus ENFADADITIS. Para isto, decidimos entre todos que forma tería e gañou círculo, tamén votamos a cor e houbo moita competencia entre o rosa e vermello, pero gañou este último.

Despois determinamos que partes tería: ollos, patas, nariz, boca, cola  e pinchos. Fixemos grupos de traballo por parellas, de forma que cada unha se centrara na creación dunha parte, e unha vez todo organizado, marchamos ó Leolab, onde deron moita conta da súa imaxinación e creatividade para converter e reutilizar restos de materiais nunha obra de arte.

E ASÍ NACEU ESTE ENFADADITIS TAN SINGULAR E MONSTRUOSO!!!



O ENFADADITIS

O 3º RETO DA DOUTORA TIRITA E O VIRUS DA PAZ ( 6º EI)

O luns, na caixa dos retos da Doutora Tirita, atopamos unha nova peza do que pensamos que é un puzle e un cartel con novas preguntas que debemos responder.

RETO 3


En canto as pezas, comezamos a sospeitar de que se trata de Marie Curie, por que xa podemos ler a palabra Marie, pero aínda non está demasiado claro, teremos que seguir traballando para coñecer este misterio.
En canto ó novo reto , a doutora pídenos descubrir que é un virus e como se contaxia, e para iso :


- Investigamos na biblioteca
-  Recibimos un libro que trouxeron as nenas de 5º de Primaria, posto que sabían que estabamos investigando sobre este tema :




- Visualizamos o seguinte:












Tamén propuxo que nos convertéramos en virus bos, e que no Día Da Paz, contaxiaramos a todos de sentimentos positivos. Cada un escolleu o que máis lle apetecía:

Dania e Breixo contaxiaron calma, Anna, Valentina e Noa contaxiaron amor, Saúl apretas, Leo cosquillas, Santiago protección, Clara mimos, Marcelo e Benito alegría e Antía sorrisos.


CONTAXIANDO POLAS AULAS









29/01/20

CERAS DE XEO

No trimestre da ciencias os nenos e nenas da clase de 3 e 4 anos crearon ceras de xeo. Primeiro probaron a facelas de diferente maneira con auga, con alcohol, colorantes... para comprobar que elementos se conxelaban e cales non. Cal foi a sorpresa o día seguinte que as ceras de alcohol non se conxelaran, así que soamente puidemos pintar coas de auga, que fría estaban e que rápido se derretían. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ceras de xeo.



23/01/20

PROXECTO O CORPO: 2º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

O luns, ó chegar a clase, descubrimos na caixa dos retos da Doutora Tirita dúas cousas: unha peza que non identificamos, pero parece ser un puzle e unha nova proposta.

Esta vez temos que inventar un Violentovirus e unha menciña, ademais de contestar a unha pregunta moi doada: que precisamos para ver un virus?

Para escoller o nome do noso violentovirus, primeiro decidimos que contaxiaría, para iso votamos entre Enfado, medo ou tristura, e gañou o enfado. Despois escollemos o nome entre varias ideas propostas polos peques: Enfadaditis, Enfadadolloritis, Enfadotán, Enfadococo, Enfadomáis, Enfadodonta e Enfadatodo. Entre todas elas , e tras unha dura votación, escollimos O VIRUS ENDADADITIS.

Despois cada un debuxou como se imaxina a este virus.

ENFADADITIS


Pero todavía quedaba crear unha menciña. Para iso decidimos crear unha vacina e tivemos propostas moi interesantes: Enfadido, Quitavirus, Cordaatrapavirus, Pinchadavirus, Escudomenciña, Vacinavirus e Cariñotrón. Trala votación gañou Cariñotrón, e entre todos engadimos os ingredientes:
- 4 corazóns
- 5 respiracións
- 6 flores
- 1 clase de Yoga
- 100ml amor
- 6 minutos falando



RETO 2

19/01/20

PROXECTO DO CORPO : RETO 1 DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

O martes, ó chegar a clase, descubrimos a caixa da Doutora Tirita na que plantexa un reto. Fixémolo moi ben, pero xurdiu unha dúbida : que é un VIRUS?

Uns dicían que eran prateados, outros que eran anticuerpos, que son xigantes, que son minis, que son vermellos, negros, que morden, teñen pinchos...así que subimos á radio a facer unha tertulia sobre os virus.

Agora estamos á espera de saber que pista e que reto teremos a próxima semana!!!!!!


RETO 1