22/06/21

Peche PDI Visión 3C_2019/21

Presentamos o broche final, en formato audiovisual, do PDI Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade.

Un Proxecto Documental rico en experiencias creativas a través do cal asentamos o novo concepto BE-LeoLab e o cal foi posible desenvolver grazas á implicación, ao esforzo e á ilusión de toda a comunidade educativa, de TOD@S: quenes estamos e quenes xa non están entre nós.

O vindeiro curso iniciaremos a andaina dun novo Proxecto, do cal xa estamos a reunir os ingredientes necesarios para cociñar, ao calor das emocións, os vindeiros cursos escolares 2021/22 e 2022/23.

Feliz e saudable verán, a renovar forzas!

21/06/21

3º_Visita Sr. Alcalde Walter Pardo

 

Hoxe, penúltimo día lectivo do curso 2020/21, recibimos a visita do Sr. Alcalde Walter Pardo para ler e facerlle entrega da nosa instancia (expoñemos-solicitamos) que redactamos como actividade final do lapbook de Ciencias deste último trimestre.

Agradecemos ao Sr. Alcalde que fixera un oco na súa axenda para recoller persoalmente a nosa instancia e escoitarnos; aínda que xa nos aclarou que algúns dos obxectivos que recollemos como Axenda 2022 do Concello de Malpica de Bergantiños xa están en proceso, algúns mesmo cumpridos. Esperamos que todos eles se acaden antes de que finalice o ano 2022.

O vindeiro curso seguiremos aprendendo, contribuíndo á construción dun mundo mellor xunt@s!

05/06/21

Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!

O Laboratorio de Ideas Construíndo un mundo mellor! pecha a implementación dos laboratorios de aprendizaxe 2020/21 e do PDI, bianual, Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade.

Os produtos do laboratorio, Axenda 2030 e Medio Ambiente, conforman a exposición final; unha exposición coa que tamén conmemoramos o Día do Medio Ambiente a través de maquetas/construcións ecolóxicas, creativas e únicas que reflicten o mundo de aprendizaxes desenvoltas ao longo do curso, aprendizaxes de vida.

Parabéns, unha vez máis, a tod@s pola vosa creatividade, pola vosa sensibilidade coa diversidade de mundos, persoais e sociais, cos que coexistimos.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

O vindeiro curso navegaremos nun novo mar de aprendizaxes compartidas, sempre coa visión nítida de tod@s de que a construción dun mundo mellor é posible se cada un/unha de nós aporta o seu gran de area na singradura da vida.


3º_Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Ideas que complementa o Laboratorio de Son: o mundo escríbese...con X!

Atendendo ao noso PDI Visión 3C en relación coa Axenda 2030 e o Día do Medio Ambiente, que se celebra no día de hoxe, construímos por equipos 4 maquetas/construcións ecolóxicas e creativas.

Pechamos un curso de experiencias compartidas arredor, entre outros, dos laboratorios de aprendizaxe.

O vindeiro curso seguiremos divertíndonos aprendendo!

04/06/21

Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle

Pechamos o curso 2020/21, adaptando o lema proposto dende a Asesoría de BE ao noso proxecto de colexio, coa inauguración do mural...

Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle

que recolle os espazos e recursos que usamos ao longo do curso e que nos acompañará, ano tras ano, para seguir consolidando o concepto BE-LeoLab: a Biblioteca entendida como centro de recursos e espazos creativos ao servizo da aprendizaxe e para tod@s.

Reflectimos a xeografía da nosa BE-LeoLab a través dunha árbore pola súa representación do natural, polo seu significado ancestral en diversas culturas: árbore do coñecemento, árbore da sabiduría, árbore da familia, árbore da vida, árbore de creación e protección...e porque todas as pólas medran en diferentes direccións, mais todas se alimentan e medran grazas á mesma raíz: a Biblioteca Escolar.

Para elaborar o tronco e as follas de cada copa reutilizamos os libros expurgados, as imaxes de cada espazo creativo son as que compoñen a nosa Formación de Usuari@s en liña e coa colaboración da comunidade: forrando a parede, picando as follas, conformando a pila de libros-tronco, rotulando os carteis ou realizando a montaxe da árbore; obtemos o fantástico resultado que podedes ver na imaxe.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.

Un ilustrativo e creativo mural construído por e para tod@s!