17/05/21

Letras Galegas e Lab. de Son

Presentamos en formato audiovisual os produtos finais do Laboratorio de Son adicado a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030: o mundo escríbese...con X!

Ante a imposibilidade de poder celebrar na nosa Biblioteca, coma cada curso escolar, o Festival das Letras este vídeo fainos sentir xunt@s reflectindo as experiencias poéticas e constructivas que se fraguan en cada grupo-clase na procura dun mundo mellor e se crearon implementando o penúltimo laboratorio de aprendizaxe do curso.

Non puidemos ter mellor mentora, no noso Mes das Letras, que Xela Arias: aquela nena de Sarria, aquela muller libre, inconformista, comprometida, rebelde vital e literaria.

Parabéns a tod@s, un laboratorio emocionante, creativo e moi, moi constructivo!

Seguimos...co último laboratorio do curso, o Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!

3º_Mes das Letras e Lab. de Son

Presentamos o vídeo-resumo do proceso de desenvolvemento do Laboratorio de Son no que conmemoramos as Letras Galegas 2021 adicadas a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030.

Un laboratorio emocionante e moi productivo grazas ao traballo en gran grupo, por equipos no que integramos, ao longo do noso Mes das Letras, os ámbitos lingüístico e científico a través de diversas tarefas, así: 

  • Achegámonos á autora homenaxeada a través de diferentes exemplares da nosa Biblioteca, portofolio individual, recursos en liña e recursos audiovisuais.
  • Plantamos...ideas naturais! no Laboratorio de Ciencias, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, reciclando ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaros, alpiste, coma semente. Dándolle vida ao testo obtemos unha cabeza da que medran ideas moi, moi naturais!
  • Ideamos a nosa produción propia escrita Construíndo un mundo mellor! con versos de Xela Arias e versos da nosa creación en relación con algúns dos ODS da Axenda 2030 que tratamos ao longo do curso.
  • Confeccionamos a manualidade Día da Familia 2021, destacando a nosa produción propia e versos de Xela Arias.
  • Reciclamos coas caixas Xunt@s 3.21 construirtiX contando así con materiais de refugallo para a creación no Lab. de Ideas que formará parte da exposición final do PDI Visión 3C.
  • Elaboramos, MateCreando, a última exposición de aula Letras Galegas 2021. Lab. de Son e Lab. de Ideas.
  • Gravamos o programa Festexamos: o mundo escríbese con X , que podedes escoitar a continuación.

Feliz Día das Letras Galegas e...

a seguir construíndo un mundo mellor!

07/05/21

PROXECTO O BOSQUE: UN ESQUÍO EN APUROS ( 4º EI)



Tras recibir a solicitude de axuda do esquío, realizamos unha asemblea na que decidimos que fariamos para axudar a salvar os bosques, e así construir un mundo mellor:

 - Escribir ós que talan árbores para que soamente corten as árbores necesarias. 


 - Reciclar papel, xa que o papel ven das árbores 


 - Plantar: cousa que xa fixemos 

 - Comprometernos a tirar o lixo no contedor axeitado