18/02/20

GUANTES DE XEO (4º E 5º E.I.)


A pasada semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos seguiron con seus experimentos, nesta ocasión cos procesos de transformación da auga. Para elo, meteron en guantes auga en estado líquido que despois con boliñas de cores que despois introduciron no conxelador. Para recuperar as boliñas tiveron que romper o guante e esperar a que se desconxelara.





13/02/20

5º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

Esta vez a caixa dos retos estaba chea de cousas. A doutora Tirita dixo que o Enfadaditis estaba comezando a infectarnos e por tanto cada vez eramos menos amables, por este motivo , ademais de deixarnos a peza por superar o reto anterior, o reto da semana é ser moi amables!!!!!
Para axudarnos regalounos a vacina Cariñotrón e un cartel para solucionar os conflitos.
Temos un reto duro pero podemos facelo!!!!!


FOTOS

11/02/20

ANTICHIVATOSE (4º e 5º E.I.)



Para celebrar a PAZ cada clase creou un virus maligno pero tamén unha vacina para curalos. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos explican claramente cal crearon na súa clase.

10/02/20

4º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6ºEI)

A semana pasada na caixa dos retos conseguimos unha peza máis do noso puzle, xa sospeotamos que se trata de Marie Curie.

O reto desa semana foi deseñar o disfraz de virus bo para o Entroido, e ademais poñerlle nome segundo a emoción boa que imos contaxiar. A maioría irá disfrazado do virus escollido na Semana da Paz, pero algún e algunha cambiou a emoción a contaxiar.


DESEÑO DOS DISFRACES



PROXECTO O CORPO: A VACINA DO BO TRATO ( 6º EI)

05/02/20

CIENCIA EN MOVEMENTO

O martes 28 de Xaneiro recibimos no noso centro ao equipo de Ciencia en Movemento. Esta actividade forma parte do Contato- Programa no apartado de IGUÁLA-T (accións que interveñen no fomento da coeducación, promoción da igualdade de oportunidades...).
Concretamente realizaron unha sección experimental chamada Excelentes Mulleres Científicas (E=mc2). Traballaron cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º E.P. as grandes científicas da historia e como os seus experimentos axudan a comprender a orixe e a evolución da vida e do universo; o descobremento dos virus, da WIFI... Podedes ver máis imaxes desta actividade premendo no seguinte botón: Iguála-T.