28/02/20

Quinto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Recibimos ao quinto e último grupo de alumnado no Laboratorio de Son.
Este mes de febreiro estreamos novo programa: Que me contas?, adicado á literatura infantil e a todo aquelo que lle anda darredor.
A sección titulámola "A diversidade enriquécenos", dando continuidade ao programa emitido en xaneiro (Vacinas pola Paz) e festexando o Día Mundial da Radio adicado á diversidade.
Parabéns a todo o alumnado polo gran traballo realizado!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás fotos deste laboratorio:

Quinto Laboratorio de Son 



E agora a escoitar o programa, esperemos que vos guste!

DOUTORA TIRITA E EXPERIMENTO CIENTÍFICO ( 6ºEI)


Antes de celebrar o Entroido , recibimos o último reto da Doutora Tirita, no que din que para ser auténticos/as científicos/as tiñamos que utilizar aparellos do laboratorio como lupas ou microscopios.

A comezos de xaneiro fixemos un experimento científico, cando estabamos investigando como se contaxian os virus. Ese día , á subida do patio e antes de merendar, fomos á cociña e dividimos a clase en dous grupos: o que tiña as mans sucias e o que non as lavou. Cada grupo tocou un trozo de pan de molde e meteronno nunha bolsiña, de forma que ó rematar tiñamos tres bolsas: pan tocado coas mans limpas e lavadas, pan tocado con mans sucias e pan non tocado sacado directamente do paquete orixinal.

Aproveitando o reto da Doutora Tirita , hoxe marchamos ó pequeciencias, onde miramos e comprobamos as nosas hipóteses ( o pan sucio ule mal, os virus comeron o pan, todos os pans están estropeados, haberá montañas de virus...) Tras analizar o pan vimos que o pan sucio estaba moi estropeado e tiña pinchiñas negras, pero non había rastro de moho nin virus. Así que tras saber que o pan de molde ten conservantes, decidimos esperar varios meses más e volver a comprobar como está o pan. Xa que estabamos no pequeciencias, utilizamos os microscopios para ver pel de cebola e as lupas.




FOTOS

21/02/20

Ciencia por un tubo: Vacinas 1º e 2º

Hoxe celebramos o noso desfile de entroido pola vila de Malpica.
O alumnado de 1º e 2º disfrazámonos, seguindo o PDI que este trimestre está adicado á ciencia, de vacinas.
O desfile estivo formado por 15 parellas de xiringas e monodoses facendo unha homenaxe á figura de Isabel Zendal e a Expedición da Vacina da Varíola.
Seguiredes sabendo máis dela, xa que estamos preparando biografía e canción final arredor desta gran muller e a súa contribución na erradicación da varíola para a semana do 9 ao 13 de marzo (Semana das Mulleres Científicas)
Para ver as imaxes do día picade no seguinte enlace:

Entroido 2020

Ciencia por un tubo. Desfile de Entroido

18/02/20

Cómic Mulleres científicas

Velaí o cómic coas biografías de mulleres científicas que pon á nosa disposición a Universidade de Sevilla. Agardamos que poida servir de complemento de información a eses traballos que sabemos estades facendo nas aulas.

Cómic de mulleres científicas

Velaí o cómic coas biografías de mulleres científicas que pon á nosa disposición a Universidade de Sevilla. Agardamos que poida servir de complemento de información a eses traballos que sabemos estades facendo nas aulas.

Libro "Vacinas do Bo Trato"

Con motivo da celebración do Día da Paz e do noso Proxecto sobre a Ciencia, elaboramos este Vademecum con vacinas para conseguir o mellor dos tratos posibles. Pensamos no que nos incomoda nas relacións que establecemos e inventamos vacinas para protexernos e ... vivir en PAZ. Mirade canta marabilla!