22/03/21

ÓVOS ULTRAVIOLETAS ( 4º EI)

 Hoxe descubrimos que o inverno marchou e xa estamos en Primavera!!!!!!

Posto que nesta estación a flora e a fauna comezan a reproducirse, cada vez veremos máis insectos, flores, paxariños... decidimos dedicar este día a traballar con óvos.

Comezamos consendo óvos de cartón utilizando lá e agullas, e o fixeron moi ben. Despois fomos ó Leolab, onde, utilizando lámparas e lanternas de luz ultravioleta e rotuladores fluorescentes, decoramos o noso óvo. Foi unha actividade moi motivadora e máxica para eles, e ademais foi sorprendente ver as nosas producións coa luz prendida, algunhas cores eran distintas!!!!






ÓVOS ULTRAVIOLETAS

19/03/21

Día da Muller_2º de Primaria

Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca. 

Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista. 


18/03/21

3º_Lapbooks Ciencias

Presentamos o vídeo-resumo dos lapbooks de Ciencias elaborados ao longo do 2º trimestre.

Os contidos dos lapbooks enriquecéronse coa implementación dos diferentes laboratorios de aprendizaxe mensuais ou con visitas como a  xornada de surfing, entre outros.

Seguimos transformando a información en coñecemento a través da experiencia, da educación!

10/03/21

Series de froita

Hoxe estivemos investigando que comen as aves, a verdade é que as nosas hipóteses xa eran moi acertadas pero fixemos un xogo moi divertido, tíñamos que meter a man sen mirar nunha bolsa e se queríamos comelo. Ao principio estaban un pouco asustados porque pensaban que eran gusanos de verdade pero resultaron ser gusanitos e pequenas gominolas de froitas. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: comida de paxaros.



Despois fumos a cociña a preparar uns gusanos de froitas moi especiais porque a base era de chocolate e porque tamén traballamos a lóxica-matemática xa que as froitas seguían unha serie. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlacea: gusanos.


04/03/21

Lab. de Son: cartas a Rosalía

Ao longo do mes de febreiro, ademais do Entroido, desenvolvemos o Laboratorio de Son para coñecer a vida e obra de Rosalía de Castro e establecer comunicación epistolar coa nosa querida e ilustre escritora.

Os extraordinarios produtos finais: cartas para o mural colectivo e podcasts Que me contas? Cartas a Rosalía, amosan o mundo de emocións que estamos a vivir coa pandemia sendo máis necesario ca nunca a súa expresión: oral e/ou escrita.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural colectivo que se vai conformando con todas as cartas escritas e na columna dereita deste blog atoparedes todos os podcast recollidos no programa Que me contas?

Na seguinte listaxe de enlaces poderedes acceder ás publicacións dos diferentes grupos-aula no blog de ciclo ou na canle de Radio Balea:

Parabéns a todas/os polos vosos fermosos agasallos a Rosalía no día do seu aniversario: a palabra ten vida a través da vosa escrita, das vosas tenras voces.

Sentimentos e emocións en cada renglón!

15/02/21

Entroido 2021: SH Milladoiro!

Este ano tocou un entroido diferente, un entroido especial onde quixemos homenaxear aos nosos heroes e as nosas heroínas coa marabillosa canción de Paco Nogueiras

Os nenos e as nenas son un exemplo a seguir co seu comportamento, coa súa actitude e co seu cumprimento das normas sen cuestionar os motivos.

Son uns auténticos Superheroes e Superheroínas!

08/02/21

Rosalía de Castro e Laboratorio de Son

 

Este mes de febreiro, co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), imos desenvolver o Laboratorio de Son arredor da escritora.

Picando na imaxe accederedes a unha listaxe de recursos en liña para poder coñecer a Rosalía e establecer comunicación espistolar con ela, reflectindo as nosas emocións, como nos sentimos; tendo en conta que Rosalía é emoción en estado puro.

Na columna dereita deste blog e no blog DígochoEu! permanecerá activo o enlace aos recursos.

No corredor do 1º andar, xa está dispoñible a nova exposición "Leo le...LETRAS GALEGAS!", que recolle, principalmente, obras de Rosalía de Castro para coñecela a través da súa biografía, da súa escrita.


Que medre o noso coñecemento, o noso sentimento arredor de Rosalía e as súas letras!