As rapazas e rapaces de 5º B fixemos unha enquisa nas nosas casas para ver quen se encarga de cociñar, lavar a roupa, ir á compra... Cos resultados obtidos fixemos un gráfico onde observamos as diferezas que hai entre unhas tarefas e outras. Finalmente fixemos este video onde vos comentamos todos os resultados e as conclusións que sacamos dos mesmos. Esperamos que vos guste!
25/03/21
23/03/21
COCIÑANDO con-CIENCIA_2º de Primaria
Hoxe volvemos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca, á que entrevistamos polo Día Internacional da Muller. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0.
Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans.
Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e ensinarnos sobre a túa profesión!
22/03/21
ÓVOS ULTRAVIOLETAS ( 4º EI)
Hoxe descubrimos que o inverno marchou e xa estamos en Primavera!!!!!!
Posto que nesta estación a flora e a fauna comezan a reproducirse, cada vez veremos máis insectos, flores, paxariños... decidimos dedicar este día a traballar con óvos.
Comezamos consendo óvos de cartón utilizando lá e agullas, e o fixeron moi ben. Despois fomos ó Leolab, onde, utilizando lámparas e lanternas de luz ultravioleta e rotuladores fluorescentes, decoramos o noso óvo. Foi unha actividade moi motivadora e máxica para eles, e ademais foi sorprendente ver as nosas producións coa luz prendida, algunhas cores eran distintas!!!!
19/03/21
Día da Muller_2º de Primaria
Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca.
Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista.
18/03/21
3º_Lapbooks Ciencias
Presentamos o vídeo-resumo dos lapbooks de Ciencias elaborados ao longo do 2º trimestre.
Os contidos dos lapbooks enriquecéronse coa implementación dos diferentes laboratorios de aprendizaxe mensuais ou con visitas como a xornada de surfing, entre outros.
Seguimos transformando a información en coñecemento a través da experiencia, da educación!
10/03/21
Series de froita
Hoxe estivemos investigando que comen as aves, a verdade é que as nosas hipóteses xa eran moi acertadas pero fixemos un xogo moi divertido, tíñamos que meter a man sen mirar nunha bolsa e se queríamos comelo. Ao principio estaban un pouco asustados porque pensaban que eran gusanos de verdade pero resultaron ser gusanitos e pequenas gominolas de froitas. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: comida de paxaros.
Despois fumos a cociña a preparar uns gusanos de froitas moi especiais porque a base era de chocolate e porque tamén traballamos a lóxica-matemática xa que as froitas seguían unha serie. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlacea: gusanos.
04/03/21
Lab. de Son: cartas a Rosalía
Ao longo do mes de febreiro, ademais do Entroido, desenvolvemos o Laboratorio de Son para coñecer a vida e obra de Rosalía de Castro e establecer comunicación epistolar coa nosa querida e ilustre escritora.
Os extraordinarios produtos finais: cartas para o mural colectivo e podcasts Que me contas? Cartas a Rosalía, amosan o mundo de emocións que estamos a vivir coa pandemia sendo máis necesario ca nunca a súa expresión: oral e/ou escrita.
Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural colectivo que se vai conformando con todas as cartas escritas e na columna dereita deste blog atoparedes todos os podcast recollidos no programa Que me contas?
Na seguinte listaxe de enlaces poderedes acceder ás publicacións dos diferentes grupos-aula no blog de ciclo ou na canle de Radio Balea:
- 4º E. Infantil
- 5º-6º E. Infantil
- 1º E. Primaria
- 2º E. Primaria
- 3º E. Primaria
- 4º E. Primaria
- 5ºA E. Primaria
- 5ºB E. Primaria
- 6º E. Primaria
Parabéns a todas/os polos vosos fermosos agasallos a Rosalía no día do seu aniversario: a palabra ten vida a través da vosa escrita, das vosas tenras voces.
Sentimentos e emocións en cada renglón!


