Hoxe, co gallo das X Lecturas Terroríficas, presentamos na biblioteca o noso cómic.
Neste seguinte vídeo podedes ver un dos produtos finais do proxecto "Cómic", que no primeiro vídeo non se ve claramente, e co cal nos divertimos e seguimos aprendendo moito.
Esperamos que vos guste!
30/10/19
09/10/19
Seres misteriosos
A tradición oral galega está chea de seres misteriosos, arrepiantes, do outro mundo... seres que se usaban para atemorizar a nenos e nenas e mesmo aos adultos.
Aí están: a Santa Compaña (tamén chamada Estadea), o lobishome, Vakner, Ana Manana, Mariamanta, a Meiga Chuchona, o Zampón, a Orca Vella, o Nubeiro...
Moitos deles mesmo se repiten en diferentes zonas de Galicia só que cambian de nome segundo o sitio. Cabe dentro do posible que a ti nunca che falaran na casa de ningún deles.... pero iso non quere dicir ...

...que non existaaaaan!
Asi que: Veña, anímate a investigar e participa no concurso de Seres Misteriosos
que organiza a biblioteca.
Poderás encontar a información necesaria nos libros
Diccionario dos seres míticos galegos, de Ed. Xerais
Pequena mitoloxía de Galicia. de Ed. Xerais
Ambos na nosa biblioteca.
Tamén na páxina web:
23/09/19
Comezamos
Este será o espazo que preparamos para aloxar nel os traballos que iremos desenvolvendo ao longo do curso arredor do tema que nos vai ocupar.
Chamámoslle Visión 3C porque é a nosa maneira de expresar a complexidade da mirada sobre o mundo que nos rodea, destacando tres dos seus elementos fundamentais:
Chamámoslle Visión 3C porque é a nosa maneira de expresar a complexidade da mirada sobre o mundo que nos rodea, destacando tres dos seus elementos fundamentais:
- Ciencia: romper a aparente cripticidade dos conceptos científicos propoñéndoos como reflexión en acción e como unha vía para entender o mundo e satisfacer as nosas necesidades.
- Comunicación: a palabra como forma de relación e, especialmente, a palabra falada. A este obxectivo vai contribuir especialmente Radio Balea, a nosa radio escolar.
- Creatividade: explorar a forma de expresión máis propiamente humana relacionándoa, preferentemente, co coidado da Natureza, a ecoloxía e a reciclaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)