25/03/21

4º Laboratorio - Cociñando Con-ciencia

  Boas a todos/as!!!

  Ao longo do mes de marzo, elaboramos un pequeno proxecto sobre o papel da muller na cociña.

A aula foi testemuña de opinións marabillosas acerca de cuestións como:

Quen cociña habitualmente na casa? Por que se a maioría das mulleres son as que cociñan, porque os grandes CHEF son homes? 


    Grazas a profe Andrea, coñecemos a Lidia e a Fran. Dous grandes cociñeiros galegos que despois de formarse aquí emprenderon rumbo a outro país, Nova York,  para seguir coa súa gran paixón, a cociña.

A pesares de ter unha grande diferencia horaria, non tiveron ningún inconvinte en facer unha videochamada con nós. 


                                                                   

Os nenos/as preguntaronlle un montón de cousas e contáronmos entre outras cousas:

- que a Lidia sempre lle chamou a atención a cociña, encantáballe ver a súa nai cociñar, a Fran a súa gran afición era comer e de aí surxiu o gusto pola boa cociña.

-que botan de menos Galicia e o xamón.

- que se formaron, Lidia en Santiago e Fran na coruña, que traballaron en moitos restaurantes onde foron aprendendo un lote de trucos, incluso nun castelo cerca dos Alpes Suizos!!

- Lidia comentounos que nunca tivera problema en ningunha cociña por ser muller.

Tamén que alí a pizza é un prato moi coñecido, e que a gran diferencia entre os dous paises é que alí non usan as mesmas unidades de medida para as receitas....

E como non,  enviáronnos unha receita para facer madalenas ....e por suposto...a cociñar....


Para acceder a galería, pinchar na imaxe.



Laboratorio de ideas: Maruxa (5º e 6º E.P.)


 O Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia comezou coa lectura de  "Maruxa" de Eva Mejuto para concienciarnos da igualdade entre mulleres e homes, rematando por ir ao laboratorio de cociña a facer pan: medidas, mesturas, fermentación, temperatura...

Picando na imaxe accederedes ás fotos do noso laboratorio.

Un laboratorio moi divertido!

Dia da Muller Traballadora (3 anos)

 

 


Hoxe conmemoramos o Día da Muller Traballadora coa actividade "Quen cociña nos contos infantís?". Para iso fomos á biblioteca a buscar contos nos que aparecera alguén cociñando e despois estivemos analizando, e comprobamos, que na maioría cociñaban as mamás, as avóas ou as nenas. Finalmente, relacionamos cada conto coa persoaxe que cociñaba, quedando este fermosa mural para que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén poidan reflexionar sobre este tema. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Día da muller.

5ºB_Laboratorio de Ideas: quen fai as tarefas do fogar?

 

As rapazas e rapaces de 5º B fixemos unha enquisa nas nosas casas para ver quen se encarga de cociñar, lavar a roupa, ir á compra... Cos resultados obtidos fixemos un gráfico onde observamos as diferezas que hai entre unhas tarefas e outras. Finalmente fixemos este video onde vos comentamos todos os resultados e as conclusións que sacamos dos mesmos. Esperamos que vos guste!

23/03/21

COCIÑANDO con-CIENCIA_2º de Primaria

Hoxe volvemos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca, á que entrevistamos polo Día Internacional da Muller. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0. 

Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans. 

Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e  ensinarnos sobre a túa profesión!


22/03/21

ÓVOS ULTRAVIOLETAS ( 4º EI)

 Hoxe descubrimos que o inverno marchou e xa estamos en Primavera!!!!!!

Posto que nesta estación a flora e a fauna comezan a reproducirse, cada vez veremos máis insectos, flores, paxariños... decidimos dedicar este día a traballar con óvos.

Comezamos consendo óvos de cartón utilizando lá e agullas, e o fixeron moi ben. Despois fomos ó Leolab, onde, utilizando lámparas e lanternas de luz ultravioleta e rotuladores fluorescentes, decoramos o noso óvo. Foi unha actividade moi motivadora e máxica para eles, e ademais foi sorprendente ver as nosas producións coa luz prendida, algunhas cores eran distintas!!!!






ÓVOS ULTRAVIOLETAS

19/03/21

Día da Muller_2º de Primaria

Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca. 

Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista.