26/03/21

2º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca. 

Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista. 


Voltamos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0. 

Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans. 

Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e  ensinarnos sobre a túa profesión!

Ningún comentario:

Publicar un comentario