05/04/21
Construíndo un mundo mellor!
A por un trimestre creando experiencias,
30/03/21
ESCAPE ROOM ( 4ºEI)
Hoxe, para rematar o trimestre realizamos un xogo de escapismo, no que a Serea Leo nos daba media hora para atopar uns agasallos agochados na aula de apoio infantil. Primeiro visualizaron o vídeo explicativo e despois buscamos as pistas , abrimos candados de números e de chaves, descubrimos os números cun código Qr na plantilla do Robot Doc, o número 4 pintado con luz ultravioleta, o 2 nunha caixiña e o 1 montando as pezas dun puzle.
Foi moi divertido e ademais os tres pequenos grupos atoparon o agasallo da Serea Leo: sementes de flores!!!!!
Como o fixeron moi ben, levaron de premio un óvo e un coelliño de fieltro!!!
ESCAPISMO - Kizoa Movie Maker
26/03/21
Lab. de Ideas: cociñando con-Ciencia!
Chegamos ao final do 2º trimestre deste singular curso 2020/21 presentando as tarefas desenvoltas, ao longo do mes de marzo, no Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia!
Un laboratorio con ingredientes moi saborosos e valiosos como: igualdade de xénero, experimentación, estereotipos, visitas, receitas de vida... A integración de todos eles cociñouse con corazón para dar coma resultado receitas vivenciais moi significativas para TODOS/AS: desenvolvemento das competencias.
Na seguinte listaxe poderedes acceder ás entradas de cada grupo-aula promocionadas na bitácora dos Laboratorios de Aprendizaxe:
- 4º E. Infantil
- 5º-6º E. Infantil
- 1º E. Primaria
- 2º E. Primaria
- 3º E. Primaria
- 4º E. Primaria
- 5ºA E. Primaria
- 5ºB E. Primaria
- 6º E. Primaria
Parabéns a TOD@S polas vosas producións, a vosa emoción aprendendo, día a día, para ser cidadáns competentes con pensamento creativo e crítico!
Feliz descanso, voltamos no 3º trimestre con novas propostas de actividades creativas.
3º_Lab. de Ideas: cociñando con-Ciencia
Integramos o Lab. de Ideas na nosa programación tratando contidos matemáticos, lingüísticos e reforzando/ampliando contidos dos lapbooks de Ciencias:
- O noso corpo aliméntase (Corpo e Alimentación de C.C. da Natureza)
- Historia da paisaxe (Paisaxe e Historia de C.C. Sociais)
Presentamos o noso caderno de "Receitas queridas" e o vídeo-resumo da segunda parte do Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.
Un laboratorio moi productivo, no tocante a: experimentación, investigación, concienciación arredor da igualdade de xénero e a cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe.
Parabéns a todo@s por un trimestre máis, superheroico!
Para pór punto e final ao Lab. de Ideas desfrutamos da xenerosa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do Laboratorio de Cociña.
Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita.
Non puidemos ter un peche máis fermoso e saboroso do Laboratorio de Ideas e deste 2º trimestre, pois elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos na nosa plantilla "Receitas queridas" e agasallounos cunha bolsiña de galletas para cada un de nós; así como nos deixou escritas da súa man dúas receitas e imaxes do gran repertorio culinario que atesoura.
Picando na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos das súas extraordinarias creacións.
Agradecer a Dna. Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, a súa relevante visita por canto representa para o noso colexio e pola súa gran amabilidade con tod@s. Esperamos que volte en máis ocasións para contarnos as historias que se cociñan en cada unha das súas receitas con corazón.
2º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia
Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca.
Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista.
Voltamos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0.
Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans.
Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e ensinarnos sobre a túa profesión!
25/03/21
1º de EP - Cociñando con-Ciencia (I): Quen cociña na miña casa?
Boas a todos e a todas!
Aquí vos deixo unhas imaxes do resultado da enquisa que se vos realizou na casa. Quen cociña na nosa casa? A esa persoa (ou persoas) gústalle esa tarefa?
No mural podemos ver cantas nais (13) e cantos pais (7) cociñan. Ademais diso, a cantos lles gusta (pulgar azul) e a cantos non lles gusta (pulgar vermello).
Esta actividade forma parte da proposta Cociñando con-Ciencia, que relaciona a cociña, a ciencia e a figura da muller.
1º de EP - Cociñando con-Ciencia (I): Quen cociña na miña casa?
Boas a todos e a todas!
Aquí vos deixo unhas imaxes do resultado da enquisa que se vos realizou na casa. Quen cociña na nosa casa? A esa persoa (ou persoas) gústalle esa tarefa?
No mural podemos ver cantas nais (13) e cantos pais (7) cociñan. Ademais diso, a cantos lles gusta (pulgar azul) e a cantos non lles gusta (pulgar vermello).
Esta actividade forma parte da proposta Cociñando con-Ciencia, que relaciona a cociña, a ciencia e a figura da muller.





















